Axenda

D´Esmorga + Cuarta Xusta
sábado 24 novembro 2018, 22:00
Vistas : 228

Despois de meses de traballo, D'Esmorga presentan o seu primeiro traballo de estudio, "Entre whisky e cervexas".
Será no Gato de Schrodinger, en Vigo, onde, casualmente, fixeron o seu debut fai uns meses.
Estarán acompañados da banda revelación do 2018, Cuarta Xusta, que por primeira vez,estarán presentando tamén nunha sala viguesa o seu disco "Un Novo Espertar".
As entradas estarán dispoñibles na sala a 5 euros ata completar aforo.

Lugar: El Gato de Schrödinger - Vigo