A banda carballesa Chicharrón presenta en directo o seu terceiro álbum 'Cancións Clínicas' no Casino 1889 de Carballo.
A entrada é de balde.
O álbum publícase oficialmente este venres 9 de novembro e edítao Prenom.
Este venres 9 estreamos Cancións Clínicas, e o vindeiro sábado 17 presentámolas en directo no Casino de Carballo, un espazo de resistencia ao que lle agradecemos moito que conte connosco. Vide!!!