Axenda

MJ Pérez
sexta feira 23 novembro 2018, 21:30
Vistas : 188

MJ Pérez regresa a CARBALLO, desta vez visitará o Casino 1889 para presentar dúas pezas audiovisuais moi especiais: a primeira é o seu novo videoclip "Cando te Canses", gravado na cidade do Porto. A segunda é "O número 100. MJ Pérez no Perosinho Cultural", unha pequena curta-documental que xira arredor do que foi o concerto número 100 da cantautora, que tivo lugar tamén en Portugal, na vila de Perosinho, dentro da festa da Semana Cultural da vila. Co concerto como pretexto principal, MJ amosa como son as festas alá na súa "outra" terra, os costumes, a tradición, gastronomía e algunha que outra sorpresa máis.

Un serán de proxeccións que culminará cun pequeno concerto acústico da artista arzuá.

Será ás 21:30h, entrada de balde. Non faltedes!

Lugar: Casino 1889 - Carballo