Encrucillada volvemos ao Pazo da Cultura do Concello de Narón para presentar na casa o noso primeiro disco que leva o nome de Marbán. Entrada de balde, xa dispoñibles nas oficinas do Pazo.
O evento terá lugar o vindeiro venres 30 de novembro ás 21.00 horas. As invitacións pódense retirar na taquilla do Pazo da Cultura no horario habitual de apertura.