Aquí está, xa chegou, a festa máis agardada do ano!
Coa presenza de Morning Maniac Music, Wua, Oîma, Cayetano Lledó, Mojo Experience, Sumrrá, Coro sin Nombre e, como non podía ser menos, os nosos anfitrións: o Coro da Ra.
----------------
Como cada ano, @s amig@s do Coro da Ra xúntanse para facer maxia dunha noite chea de música. O recadado destinarase integramente ás festas abertas de Nadal e Noiteboa do Paluso. Lembrámosvos que esta iniciativa é totalmente gratuíta e finánciase grazas á colaboración cidadá a través de iniciativas como a que celebramos nesta noite.
A entrada ten unha doazón mínima voluntaria de 5€, pero o teito poñédelo vós. Tamén haberá unha fila 0 para todas aquelas persoas que teñan a vontade de colaborar pero non poidan achegarse esa noite.