Axenda

MJ Pérez
quinta feira 25 abril 2019, 21:00
Vistas : 211

XOVES 25 - Estaremos no Lubicán, en LUGO, con toda a BANDA, mostrando o lado máis potente de "Casandra". Mais non queda aí a cousa, sendo 25 de abril, non me deixa o corazón pasar sen facer presente a PORTUGAL neste concerto. Temos preparada unha sorpresa especial da que só adiantaremos que haberá un pequeno tributo a António Variações e algo de Fado tamén cairá! (21h, entrada de balde. En caso de chovia o concerto será no Vello Cárcere)

Lugar: Praza de Santa María - Lugo