Axenda

Ses
sexta feira 05 abril 2019, 21:00
Vistas : 209

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do s. XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa ou Zeca Afonso.

Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar "SES" - Guitarra, percusións e voz
Sabela Galbán - Frauta, acordeón e voz
Tito Calviño - Guitarras

ENTRADAS Á VENDA O XOVES 21 DE FEBREIRO EN TICKETEA

Lugar: Auditorio Municipal - Rianxo