SÉS presenta RABIA AO SILENCIO
15Marzo A CORUÑA. Ás 20:30 h.
Teatro Rosalía Castro
Entradas: ticketea
A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados.