Axenda

Kia Ora
quinta feira 11 abril 2019, 22:00
Vistas : 159

KIA ORA
----------
·Forma de saúdo natural en idioma Maorí que ben sendo algo entre "Que estés san!" e "Que estés ben!"

Esta interxección tamén simboliza o encontro destes 3 improvisadores que por primeira vez tocarán e xogarán xuntos e que partindo deste saúdo iniciático estou segura de que chegarán a conversas catárticas, infinitas, desas que tes cando cae o sol na praia, das que cambian o mundo.

Esta xente lévache moito tempo chanando nesto da improvisación, quizáis os coñezades tamén doutros proxectos como: "Crebinsky", "O.ME.GA.", "Treme" ou "Estamos todas aquí Reunidas"

(·_·) Fernando Abreu: clarinetes
(·_·) Margarida Mariño: cello
(·_·) Vadim Yukhnevich: acordeón

Esperámosvos a partir das 22 na Galería, van ser minutos ben invertidos, non te arrepentirás, Kia Ora!

Lugar: La Galería Jazz - Vigo