O xoves 16 de maio, véspera do festivo das Letras Galegas, tedes unha cita co Rock & Roll!
CANCELACIÓN DA ACTUACIÓN DE DELEIBA.
Os John Deeres volven a Compostela co mellor Rock & Roll en galego e cunha actitude e presenza sen igual.
Rockaína Band
Sala Moon, Santiago de Compostela. Apertura de portas ás 21:30. Proximamente indicaranse os horarios. Entradas á venda en taquilla.
COMUNICADO DE DELEIBA.
CANCELAMOS A NOSA ACTUACIÓN NA SALA MOON.
Boas compañeir@s, por motivos familiares vémonos impedidos a tocar mañán na Sala Moon.
OS JOHN DEERES SEGUEN ADIANTE CO CONCERTO, irase actualizando a información conforme vaia saíndo.
Agradecemos aos John Deeres a súa comprensión e compañerismo desde o minuto un, e convidámosvos a acudir á Sala Moon para poder ver en directo a unha banda de tanto calibre.
Desde aquí mandar as nosas máis sinceras desculpas a toda a xente á que lle facía case tanta ilusión esta presentación coma a nós. Sentimos todas as molestias que causara esta cancelación.
Nunca é plato de bo gusto dar unha noticia así con tan pouca antelación, e menos tendo en conta os tristes motivos polos que nos vemos na obriga de pospoñer a nosa presentación.
Agradeceríamos que difundírades o comunicado coas vosas amizades para que chegue a información a todo aquel que tivera interese no concerto.
Unha aperta,
Deleiba.