Axenda

Marcos Teira & Ton Risco
sexta feira 14 xuño 2019, 20:30
Vistas : 183

Venres 14 - 20:30 - Praza de Feixóo

Marcos Teira & Ton Risco nos Seráns en Feixóo

Marcos Teira & Ton Risco- Vibes & Drums, a Galiza non é terra de flamenco, pero tampouco é lugar onde abunden os vibrafonistas de jazz. Quizáis é por iso que estes dous músicos infrecuentes se buscasen para vivir un affair musical no que cordas e láminas conforman unha mini orquestra dirixida por uñas e baquetas.
Dous instrumentos de forte carácter percusivo e timbres diferentes que se atopan nun novo entendimento. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común
que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan na música deste dúo unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición
propia. A maxia dun encontro inesperado.

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela