Axenda

Miguel Alonso
quinta feira 13 xuño 2019, 21:00
Vistas : 165

XOVES 13 | 21:00
MIGUEL ALONSO “LITERARIA”
Literaria é o terceiro disco longo de Miguel Alonso, sen contar os seus dous Eps. Publicado en decembro de 2018, é tamén un proxecto longamente soñado polo seu autor: un traballo onde musicar poesía galega actual. Así, converte en cancións os poemas de Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Xavier Frías, Miguel Alonso Diz, Iolanda Aldrei, María José Fernández, Toño Núñez, Ramiro Vidal e María Castelo.

Entrada: 5,00 €

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela