Axenda

Mercedes Peón
sábado 29 xuño 2019, 22:00
Vistas : 116

Mercedes Peón ofrecerá o próximo día 29 de xuño na contorna da Torre de Hércules un espectáculo musical exclusivo con motivo do décimo aniversario da elección deste monumento como Patrimonio da Humanidade. O concerto, organizado pola Concellería de Cultura da Coruña en colaboración co Consorcio de Turismo, será de entrada libre e estará deseñado especialmente pola instrumentista galega para esta data co fin de facer un discurso musical e artístico sobre o faro, a súa historia e a súa lenda.

O evento, titulado Achégate a min, comezará ás 22.00 horas e nel Peón aplicará á contorna natural da Torre de Hércules os esquemas creativos do seu último traballo discográfico Deixaas, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández.


Lugar: Torre de Hércules - A Coruña