Axenda

Blues do País
cuarta feira 31 xullo 2019, 23:00
Vistas : 94

Este mércores 31 de xullo continúa a programación cultural e de lecer Baiverán 2019 cun concerto de Blues do País na Praza do Concello de Baiona, a partir das 23:00 horas. Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de versións de blues adaptadas á idiosincrasia galega, risas, bailes e moita ironía. Blues de toda a vida, do bo, do país, do noso, do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.

Lugar: Praza do Concello - Baiona