Axenda

MJ Pérez
sábado 24 agosto 2019, 22:30
Vistas : 216

MJ Pérez visitará A Arca da Noe nun concerto único. Tras dous anos xirando por diversas vilas de Galiza e Portugal co seu último disco "Casandra", MJ regresa á Arca da Noe para compartir o seu último traballo con sabor a despedida. Dende que "Casandra" viu a luz a finais de 2017, MJ non tivo ocasión de presentar este disco na provincia de Ourense. Esta será a primeira vez, na que este álbum chega para dicir tamén "adeus" e dar paso ao novo traballo que a cantautora arzuá está preparando.

Sen dúbida, as cousas boas fanse agardar! Será unha noite única, na que MJ estará acompañada por Ailén Kendelman ao violín e percusións.

Lugar: A Arca da Noe - Vilar de Santos