Axenda

MJ Pérez e Ailen Kendelman
sexta feira 06 decembro 2019, 22:30
Vistas : 195

MJ Pérez é a artista revelación por excelencia do panorama actual da música galega. Está en plena xira de presentación do seu terceiro disco: CASANDRA, un álbum no que a cantautora galega explora novos estilos. MJ chega ata aquí logo dun curto pero intensísimo percorrido, que supera xa os 100 concertos por toda Galicia e Portugal,
Finalista dos Premios Martín Códax 2019 na categoría de Canción de Autor, presenta, dun xeito máis cercano e envolvente o seu novo disco "Casandra" e tamén fai repaso dos seus traballos anteriores. Desta vez nun formato a dúo, algo máis íntimo pero mantendo a esencia e a pegada dos temas da artista
Neste formato MJ Pérez estará acompañada por Ailén Kendelman (violín e percusión)

Lugar: La Pecera - Vigo