Axenda

Mielitza
sábado 23 novembro 2019, 19:00
Vistas : 220

Sábado 23 de novembro [19:00h]
Concerto: Mielitza
Mielitza é máis que un proxecto musical. As súas notas, os seus acordes, as súas letras… en definitiva, as súas cancións, poden chegar a ser grandes como planetas formando unha galaxia ou pequenas como átomos formando unha molécula.
Apoiada nas composicións, voz e guitarra de Carla López, secundada por Iago Mouriño ao piano, esta proposta pretende percorrer unha viaxe que arranca desde esa minúscula infinidade a unha grande inmensidade, describindo un universo emocional único.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago - Santiago de Compostela