Axenda

Ailá + Os da Porfía
quinta feira 31 outubro 2019, 21:00
Vistas : 285

AILÁ
XOVES 31 | 21:00 | 4€
"Ailá" é unha emoción feita palabra, un sentimento que emerxe da expresividade e o carisma singular da música e do baile na Galiza.
"Ailá" é un proxecto artístico que se pon en marcha a mediados do ano 2019, e que basea o seu repertorio nas recollidas históricas de mulleres e homes que conservaron a cadea de transmisión oral ata os nosos días. Todo ese repertorio foi adaptado a unha sonoridade actual, intentando conservar as singularidades deses cantos de raíz. É unha proposta pensada para bailar e desfrutar da música galega de transmisión oral e popular dende un prisma moderno e contemporáneo.
Día 31 de outubro presentación de Ailá, invitados especiais o grupo "Os da porfía".

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela