Axenda

Tanxugueiras + Xabi Aburruzaga
domingo 02 febreiro 2020, 19:30
Vistas : 303


Tanxugueiras presentará ao vivo este domingo, 2 de febreiro, ao vivo en Santiago de Compostela o seu novo disco, Contrapunto. O concerto terá lugar contra ás 20.00 horas na sala Capitol, que abrirá as súas portas ás 19.00 horas e ás 19.30 terá lugar unha actuación do músico Xabi Aburruzaga.

A cita enmárcase na xira de presentación do seu novo disco, Contrapunto, da que xa se coñecen as novas datas. Así, o grupo visitará nas vindeiras semanas A Coruña, Oleiros, Vilalba, Monterroso e Cangas, e avanza a súa participación en citas en Bélxica ou Reino Unido.

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela