Axenda

Frying Luras
sábado 14 marzo 2020, 21:00
Vistas : 231

Frying Luras na Borriquita de Belém [5€]

Non foi sen tempo, o grupo vigués Frying Luras dá un paso adiante para deixar constancia dunha traxectoria sen présa pero sen pausa, a través da gravación en directo nos estudos vigueses “The Dub Yard” co "profesor” Javier Vicalo na produción, Rafa Chao nas mesturas e Tincho Fernán na masterización de 8 temas propios (escollidos democráticamente entre máis de 30 composicións) feitos con moito amor e bos sentimentos.

Die Butch der Schätze (A baía dos tesouros) é o título do seu primeiro disco. Un disco que segue unha liña de honestidade e frescura na execución e que presentarán este outono/inverno nas mellores salas da nosa xeografía Galega.

Roberto Lorenzo, guitarra e voz
Havi Ojea, guitarra, trompeta e voz
Ignacio Ojea, baixo
Rafa Chao, batería e coros
Paco Torres, guitarra
Jose “ceibe” Alonso, ewi

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela