Axenda

Alba María, Uxía Muíño e Queco Díaz
sexta feira 22 novembro 2019, 18:00
Vistas : 258

A partir das 18h, é-romance chega en formato concerto ao mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón!


Actuarán a cantante e repentista Alba María, a zanfonista Uxía Muíño e o guitarrista Queco Díaz, que interpretarán varios temas con base no romanceiro tradicional galego, así como outros romances compostos por eles e incluso algúns improvisados. A entrada é libre. Non o perdades!


Ademais, durante a mañá os artistas ofrecerán un obradoiro de romance no CEIP Monte Baliño, tamén en Ferreira de Pantón. Con esta proposta didáctica, o alumnado poderá achegarse á realidade do romanceiro galego e tamén aprenderá a xogar e a compor os seus propios romances.

Lugar: Mosteiro de San Salvador - Ferreira de Pnatón