Axenda

Pondalina
sexta feira 29 novembro 2019, 20:00
Vistas : 247

Concerto de Pondalina en Santiago de Compostela a vindeira sexta feira (venres 29 de novembro) no Museo do Pobo Galego ás 20.00h.

Pondaliana é un libro disco que editan A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.

Lugar: Auditorio do Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela