Axenda

Modulador de Ondas
sábado 07 decembro 2019, 22:00
Vistas : 173

sábado 7, 22h!!
bulide que isto non se ve todos os días!

Modulador de Ondas é o nome do proxecto do compositor, thereminista e guitarrista Paulo Pascual, co que
acaba de publicar o seu primeiro LP chamado Planeta Theremin. Trátase dun proxecto pioneiro posto que é o primeiro LP gravado por un thereminista en Galicia. Este dato describe unha aventura musical bastante peculiar, ainda que máis polo feito de que o directo deste traballo estea defendido por unha inusual e
nada convencional formación de trío, composto por Macarena Montesinos ao violonchelo, Uxo Pousa ao theremin e Paulo Pascual ao theremin e á guitarra.

Lugar: Bar Pancho - A Guía, Randufe (Tui)