Axenda

Ela e Dylan
sexta feira 27 decembro 2019, 22:00
Vistas : 136

Performance poético-teatral e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan. O fío temático da peza é o mundo femenino nas letras e na música de Bob Dylan. Ao longo dunha hora iranse sucedendo o recitado/dramatización de letras e textos de Dylan mesturados coas súas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor, acompañadas dunha proposta estética chea de pequenas chiscadelas ao imaxinario Dylan e ao movemento de performance poética “Spoken Word” promovido pola Xeración Beat ao longo dos anos 50. Unha obra cálida, suxerente e con conciencia social.

Lugar: Guión Club - Pontedeume