Axenda

The Lelli Kelly's + Enxeito
domingo 09 febreiro 2020, 20:00
Vistas : 145

The Lelli Kelly’s

Despois de 4 anos xirando por salas e festivais, a banda galega encara o 2020 coa presentación do seu primeiro traballo de estudio “CONGAMONGA”. Un EP de Rock’n’roll agresivo e bailable que funciona como un chupito de augardente cando estas collendo unha gripe, como un cocido da avoa nun domingo de resaca ou como enterarse un xoves de que o venres é festivo. Se ainda non te acercaches a velos en directo, igual é porque non che dan as pernas.

Enxeito

Enxeito é unha banda galega que mestura o rap, coas melodías do jazz e do soul para acabar facendo de todo iso unha grande masa FUNK. Enxeito son: Óscar (guitarra e voz) David (voz) Montse (saxo) Adri (batería) Marcos (baixo)



Lugar: Sala Aturuxo - Bueu