Axenda

Tanxugueiras
sábado 15 febreiro 2020, 20:30
Vistas : 96

Tanxugueiras presentará esta fin de semana na Coruña e Oleiros os temas do seu novo disco, Contrapunto, un álbum no que o trío de pandereteiras conformado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro explora os lindes da música tradicional. A sesión da Coruña terá lugar o venres 14 ás 19.00 horas na FNAC. Será un showcase en formato acústico con sinatura de discos e entrada de balde.

No caso do concerto de Oleiros, o grupo actuará o sábado 15 contra ás 20.30 horas no centro cultural A Fábrica, no marco do ciclo Voces cálidas para noites de inverno. As entradas para esta cita poderanse adquirir por 2,50 euros no propio recinto cultural dende unha hora antes do inicio do concerto.


Lugar: CC A Fábrica - Perillo (Oleiros)