Este xoves primeiro #AtardecernoGaiás de agosto e con Guadi Galego
Ao solpor [21 horas] ides gozar dunha das artistas máis relevantes e premiadas da escena galega actual [Premio Premios Martín Códax da Música ou o recente Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español concedido polo seu último traballo #Immersión]
Na Cidade da Cultura de Galicia fará un percorrido reinterpretativo dos temas das súa carreira nas sete linguas peninsulares. Todo un canto á diversidade!
Información importante para os/as que viñades ao concerto:
Estes días tivestes que recibir un correo electrónico para confirmar asistencia, se non vos chegou poñédevos en contacto neste enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 881 997 584
Se non se confirma, enténdese que esa praza queda libre para outra persoa ou persoas interesadas
É obrigatorio asistir ao concerto con máscara sanitaria, que deberá manterse durante toda a actuación
Hai que permanecer sentados/as no sitio asignado polo persoal da Fundación da Cidade da Cultura
O acceso á Praza Central é pola #BóladeLibros-#BibliotecadeGalicia, e requerirase entrada, preferiblemente en calquera dispositivo móbil, en vez de traela impresa en papel.
Moitas grazas pola vosa colaboración!