Cunhas letras moi coidadas e un sorprendente son que camiña entre o Folk e o Rock, son capaces de orixinar experiencias e aumentar seguidores en cada concerto. Juan Carballo & Os Imperfectos comezan a súa andaina a finais de 2017, e durante dous anos,percorren os mellores espazos e salas de Galicia, Asturias, León e recentemente de Portugal. Converténdose nunha das novidades na escena musical, cunha proposta proposta diferente e orixinal.
Na actualidade preparan novos concertos e a saída do seu primeiro disco conxunto para comezos de 2021.
FOTO: juancarballo.es