Axenda

MJ Pérez
sábado 01 agosto 2020, 13:30
Vistas : 91

MJ Pérez chega a Pontevedra para compartir o seu novo traballo "A Luz Prendida". (FORMATO DÚO)

A cantautora arzuá achega temas novos e fai tamén un percorrido por temas máis antigos. A canción de autor, a música de raíz e os ritmos latinos están presentes no traballo de MJ, onde tampouco falta o rock e o pop.

Será dentro da programación "Pontevedra Vívese", na proposta "Con voz de muller".

Sábado 1 de agosto, ás 13:30h, nas PISTAS DE CAMPOLONGO.

Lugar: Pistas de Campolongo - Campolongo (Pontevedra)