Axenda

Uxía e Javier Ruibal + António Zambujo
sábado 08 agosto 2020, 20:00
Vistas : 198

Uxía, referente da música galega, e Javier Ruibal, un dos cantautores españois máis destacados, presentan un concerto en formato intimista no que convidan a transitar polas sonoridades do flamenco, a música do Magreb e as músicas galegas e lusófonas nunha mestizaxe única. Norte e sur tecendo ritmos e melodías, con composicións propias e ecos de Lorca, Alberti ou Rosalía.

António Zambujo, recoñecido renovador do fado e un dos artistas portugueses con máis proxección internacional da actualidade, volve a Vigo para ofrecer un concerto con fados tradicións e outros temas do seu repertorio nun formato intimista, acompañado unicamente pola súa guitarra.

Lugar: Auditorio Mar de Vigo - Vigo