Axenda

Gojam! II Edición
sábado 24 abril 2021, 13:00
Vistas : 202

Este vindeiro sábado 24 de Abril voltamos á carga cunha nova edición da Gojam!
A partir das 13:00 h música en directo, no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do río Miño. Jam Session aberta conducida por Jalapeños All Star + micro libre!
Ás 14:00 poderemos xantar rico rico porque a xentiña linda do @csfuscalho cociñará un menú solidario coa Serra da Groba (previa inscrición).
Ás 16:00 horas teremos a oportunidade de presenzar unha pequena peza teatral representada por actores e actrices da nosa contorna.
Ademáis contaremos coa presenza de varios postos de artesanía local, demostración de malabares, slackline, etc.
Lugar: Espazo Fortaleza - Goián (Tomiño)