From quinta feira 03 xuño 2021
To sábado 05 xuño 2021
Vistas : 159
PRAZA DAS PRATERÍAS
Programación cultural de espectáculos estáticos
-
Xoves 3 de xuño, ás 19:00 h.
O dúo compostelán Grampoder volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. LeRoi (percusión, baixo) e Martin Wu (guitarras, voces), ex compoñentes de The Homens, Fame Neghra ou Malraio continúan agora creando cancións neste formato dúo de Grampoder. Despois da publicación do LP Golf Whiskey (2013) e do single Tigerland (2014), Grampoder ten canciónnovas e preparan a gravación do seu novo disco para publicar neste 2021.
LOCALIZACIÓN |
Praza das Praterías |
CATEGORÍA |
CONCERTO |
DATA E HORA |
Xoves 3 de xuño 2021, 19:00 h. |
GRAMPODER
|
-
Espectáculo itinerante
Venres 4 de xuño, ás 19:00 h.
Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Golfiños pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. A través da súa música Golfiños formou parte de proxectos como Galitoon ou Baobab no eido teatral e tamén teñen presenza en espazos televisivos. O seu primeiro traballo ; “Té, chocolate, café”, co que conseguiron ser finalistas nos premios Martín Códax da Música. O grupo ten un novo traballo chamado “O soño dos Golfiños”.
LOCALIZACIÓN |
Praza das Praterías |
CATEGORÍA |
CONCERTO FAMILIAR |
DATA E HORA |
Venres 4 de xuño de 2021, 19:00 h. |
GOLFIÑOS
|
-
A FAMILIA PAPAVENTOS
12:30 h
Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.
O traballo de Charo Pita abrangue diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para xente adulta. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. Avanzando nesa liña, acaba de publicar un libro con poemas musicados na colección Sonárbore da editorial Galaxia titulado No país do vento. Un país onde nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran e as xentes brincan.
LOCALIZACIÓN |
Praza das Praterías |
CATEGORÍA |
CONCERTO FAMILIAR |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h. |
A FAMILIA PAPAVENTOS
|
-
Sábado 5 de xuño, ás 19:00 h.
A banda pop de Compostela presenta formación renovada, agora en formato trío. Pedro Solla (guitarra e voz) e Olalla Cociña (teclado e voz) acompáñanse agora de Edu Poch nas programaciós e no baixo. Presentan novo traballo neste 2021 do que podemos escoitar xa VinteCorenta, un tema sobre a decepción con videoclip dunha das novas cineastas galegas afincada tamén en Santiago, Iria Silvosa. ATRÁS TIGRE é pop de luz e de sombra coma o pop dos soños.
LOCALIZACIÓN |
Praza das Praterías |
CATEGORÍA |
CONCERTO |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 19:00 h. |
AS FONTIÑAS E SAN PEDRO
Programación cultural de espectáculos itinerantes
-
CÉ ORQUESTRA PANTASMA
18:00 h
Espectáculo itinerante
Xoves 3 de xuño, ás 18:00 h.
Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional, e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular. Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra convértese na fórmula perfecta entregarnos por completo á festa.
ITINERARIO |
Cruceiro de San Pedro – Concheiros – Cruceiro de San Pedro – Igrexa – Praza 8 de marzo |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Xoves 3 de xuño 2021, 18:00 h. |
CÉ ORQUESTRA PANTASMA
|
-
Espectáculo itinerante
Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.
Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.
LOCALIZACIÓN |
Cruceiro de San Pedro – Igrexa – Praza 8 de marzo – Casas Reais – Praza de Cervantes |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN TEATRO + MÚSICA |
DATA E HORA |
Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h. |
TRIO DETRÉS
|
-
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.
Na ficción Áureas son cinco mulleres músicas e migrantes que se coñecen nun barco e deciden formar un Conxunto Internacional. O traballo de cinco músicas e unha directora escénica conflúen na creación deste proxecto. Áureas é un “Conxunto Internacional” dos anos ’20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.
ITINERARIO |
Área Central – Rúa Berlín – Rúa dos Concheiros – San Pedro – Praza 8 de marzo |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h. |
ÁUREAS
|
-
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.
Habelas Hainas son unha banda con máis de dez anos de traxectoria como músicas ao vivo tanto enriba dos escenarios coma en formato pasarúas ou concerto itinerante. Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo exploran a música tradicional dende a súa propia sonoridade e dende o activismo feminista.
ITINERARIO |
Área Central – Rúa Berlín – Concheiros – San Pedro – Praza 8 de marzo |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h. |
HABELAS HAINAS
|
ENSANCHE
Programación cultural de espectáculos itinerantes
-
Espectáculo itinerante
Xoves 3 de xuño, ás 18:00 h.
Batucada e pasarúas con esta nova formación de percusionistas que animarán as rúas de Lalín sábado e domingo. Enerxía e boas vibracións coas súas mesturas de ritmos afrobrasileiros e galegos.
As súas creadoras son responsables tamén do proxecto A Percudoría, unha factoría itinerante, unha plataforma de formación de novas batuqueiras.
ITINERARIO |
Praza Roxa – Sto. Domingo da Calzada – Montero Ríos – Xeneral Pardiñas – Carreira do Conde |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Xoves 3 de xuño 2021, 18:00 h. |
BRAVATUKAS
|
-
MEKÁNIKA ROLLING BAND
18:00 h
Espectáculo itinerante
Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.
A Charanga Mekanica fundase no ano 2003 e dende aquela non para de animar festas, festivais e eventos tanto na Galiza coma de xira polo resto de Europa. Espectáculo que combina música, danza, entretemento con oito magníficos músicos tocando en vivo acompañados dun enxeñeiro de son.
ITINERARIO |
Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas – República Arxentina – Fernando III |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h. |
MEKÁNIKA ROLLING BAND
|
-
ASOCIACIÓN DO TRAXE GALEGO
12:00 h
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 12:00 h.
Os dengues, pololos, corpiños, calzas, faixas e demais compoñentes do tradicional traxe galego, volverán desfilar polas rúas do ensanche.
ITINERARIO |
Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN E DESFILE |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:00 h. |
-
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.
O PULPIÑO VIASCÓN e o Sr. LILI pasean na súa MUSICLETA cargada cos seus máxicos instrumentos (home orquestra, percusións, acordeón, serrucho, game boy…), animación músico-humorística na que interpretan pezas populares para o público paseante, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos na Musicleta.
LOCALIZACIÓN |
Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas (e volta) |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN TEATRO + MUSICA |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h. |
MUSICLETA
|
FANFARRIA TAKIKARDIA
18:00 h
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.
Grupo festeiro cun repertorio taquicárdico que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos.
ITINERARIO |
Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas – República Arxentina – Fernando III |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h. |
FANFARRIA TAKIKARDIA
|
PRAZA ROXA
Programación cultural de espectáculos estáticos
-
Xoves 3 de xuño, ás 19:00 h.
Espectáculo cómico sobre a música culta de Culturactiva Producións, posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.
Os nosos protagonistas chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saír da situación. A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando con algún que outro atranco cómico.
LOCALIZACIÓN |
Praza Roxa |
CATEGORÍA |
TEATRO E MÚSICA |
DATA E HORA |
Xoves 3 de xuño 2021, 19:00 h. |
DESCONCERTO
|
-
Venres 4 de xuño, ás 19:00 h.
O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. En “Varietés do Animalario”, xunto ao músico Carlos Quintá, propoñen un espectáculo humorístico onde unha raposa e un lobo se ven envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras.
LOCALIZACIÓN |
Praza Roxa |
CATEGORÍA |
TEATRO E MÚSICA |
DATA E HORA |
Venres 4 de xuño de 2021, 19:00 h. |
PAPORRUBIO
|
-
Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.
Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. No espectáculo
‘Arrieira’ unha narradora e un músico fánnos viaxar a través do conto tradicional e tamén esbozan co seu camiñar novos vieiros, historias propias. Unha propsota que fala da importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan.
LOCALIZACIÓN |
Praza Roxa |
CATEGORÍA |
TEATRO E MÚSICA |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h. |
XAROPE TULU
|
CONXO
Programación cultural de espectáculos itinerantes
-
Espectáculo itinerante
Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.
Charanga Bicoia é unha formación que xorde en 2019, composta por unha ampla maioría de músicas mulleres. Ademais de tocar os grandes éxitos charanguís de toda a vida (Agárrate Saxo, Campanera, Bakalao Salao, etc.), introducimos repertorio non tan coñecido, conectando coas músicas do mundo, como pezas bolivianas ou, por suposto, galegas.
ITINERARIO |
Rúa Sánchez Freire – Rúa Conxo de Arriba – Avenida de Ferrol – Avenida de Vilagarcía |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h. |
CHARANGA BICOIA
|
-
MURGA DO OCT ULTREIA
12:30 h
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.
A murga do OCT Ultreia, nace para reprensentar as formacións de comezos do s. XX, onde os gaiteiros incorporaban instrumentos das bandas de música, nás súas formacións. Deste xeito, recuperan os son desas murgas tradicionais de primeiros de século, que mesturan as gaitas, con instrumentos como saxo ou clarinete.
LOCALIZACIÓN |
Praza de Vigo – Avenida de Vilagarcía – García Prieto – Sánchez Freire |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h. |
MURGA DO OCT ULTREIA
|
-
Espectáculo itinerante
Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.
Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais.
ITINERARIO |
Praza de Vigo – Avenida de Vilagarcía – García Prieto – Avenida de Vilagarcía |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h. |
BRASSICA RAPA
|
Lugar: Santiago de Compostela