sexta feira 18 xuño 2021, 18:00
Vistas : 237
-
Espectáculo itinerante pola Zona Vella.
Venres 18 de xuño, de 18:00 a 20:00 h
Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010. O seu último traballo é ‘Camiño da vida tola’ e pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular.
ITINERARIO |
Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Montero Ríos – Praza de Galicia – Praza do Toural – Orfas – Mazarelos – Preguntoiro – Praza de Cervantes |
CATEGORÍA |
ANIMACIÓN MUSICAL |
DATA E HORA |
Venres 18 de xuño de 2021, 18:00 – 20:00 h |
-
Concerto na Praza Roxa.
Venres 18 de xuño ás 19:30 h.
A banda formada en 2010 coñecéronse tocando en jams semanais de diferentes locais. Úneos a paixón pola música e polos clásicos. Con máis de dez anos de experiencia The Lákazans foron sumando creacións propias a un repertorio no que brillan as súas versións de clásicos do blues, soul, country, rock & roll… O seu último traballo discográfico é ‘Sandwina’.
LOCALIZACIÓN |
Praza Roxa |
CATEGORÍA |
CONCERTO |
DATA E HORA |
Venres 18 de xuño de 2021, 19:30 h. |
Lugar: Santiago de Compostela