Axenda

Fixe Trío-ADIADO
sexta feira 09 xullo 2021, 21:30
Vistas : 107

Vémonos na obriga de adiar o concerto presentación do próximo día 9 de xullo por motivos de saúde de unha das nosas compañeiras. 

Para as persoas que xa tiñan a súa entrada reservada, a Fundación Pazo de Mos contactará con cada unha para ofrecervos varias alternativas. E se tedes algunha outra dúvida, podedes mandarnos unha mensaxe ao inbox 

Polo de agora non vos preocupedes, estaremos de volta antes do que pensades!

Seguiremos informando.
Agora é tempo de coidarse.

Lugar: Xardíns do Pazo de Mos - Mos