Axenda

Javier GDjazz Pereiro Trío
terza feira 14 decembro 2021, 21:00
Vistas : 170
Martes 14 de decembro ás 21:00 horas. La Casa de Arriba.
Javier Pereiro, tamén coñecido polo seu alcume "GDjazz", é un trompetista e compositor natural de Cangas do Morrazo. Formado dende a súa nenez como músico "clásico", acabou por atopar no jazz, unha canle de expresión artística de excitantes e infinitas posibilidades.
Trátase dun dos músicos máis versatis do panorama galego, tendo traballado en multitude de proxectos dos máis variados xéneros e estilos musicáis, chegando a participar na gravación de máis de sesenta discos.
Para Javier, a Música é unha linguaxe de emocións e sentimentos, só atinxible a través dunha profunda conexión co momento presente.
Javier "GDJazz" Pereiro: Trompeta
Marcos Pin: Guitarra
Juyma Estévez: Contrabaixo
Lugar: La Casa de Arriba - Vigo