Axenda

A Raíz. 25 Aniversario do Concello da Illa de Arousa
sexta feira 26 agosto 2022, 21:00
Vistas : 106
TANXUGUEIRAS - CARLOS BLANCO - BUDIÑO 
26 AGOSTO - ILLA DE AROUSA
A RAÍZ
25 ANIVERSARIO DO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA
Con motivo do 25 aniversario do Concello de A Illa de Arousa, queremos festexalo por todo o alto cos veciños e veciñas da Illa de Arousa.
O evento central será o venres 26 de agosto na Praia do bao cun concerto a cargo de BUDIÑO E TANXUGUEIRAS E ANIMADO POR CARLOS BLANCO.
Este pobo sempre se caracterizou por pelexar polos seus obxetivos, nos que podemos destacar “A Luz”, “a ponte” e o “concello independente”.
Estos 3 acontecementos teñen una cousa en común:
-Foi polo Bao por onde entrou a luz.
-Foi polo Bao por onde entrou a ponte
-Foi polo Bao por onde entraron os veciños e veciñas unha vez entregadas as sinaturas no Concello de Vilanova á corporación municipal.
Por todo esto, ademáis de que presta as características para concentrar moita xente, entendemos que o Bao é o sitio ideal para conmemorar este evento central do 25 aniversario do Concello.
Simbólicamente, é no Bao onde brota A RAÍZ de todos estos acontecementos, e por suposto, a música terá que ser de RAÍZ e nada menos que representada por artistas con música de RAÍZ.
BUDIÑO, gran artista e profesional na música de raíz galega e pioneiro en fusión con electrónica e otras raíces musicais, levando anos exportando as nosas músicas polo mundo. Agora está de volta, e quixo estar na Illa de Arousa, terra que adora, para presentarnos esas maravillas sonoras que desprende dende o escenario.
TANXUGUEIRAS, unas novas representantes de nivel nestas músicas de raíz, e por suposto, unha banda no máis alto nivel, levando as nosas músicas polo mundo trinfando esplendorosamente.
CARLOS BLANCO, afincado na Arousa, triunfando como actor e cómico por onde o reclamen, e sempre, dende as súas raíces, manexando a palabra cos seus contos e monólogos para facernos pasar intres fascinantes.
Lugar: Praia do Bao - A Illa de Arousa