Axenda

Máis Alálá. Xelis de Toro e Alejandro vargas
sábado 14 maio 2022, 21:00
Vistas : 72

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o sábado 14 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar o espectáculo Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas.
A proposta forma parte das actividades que a Deputación da Coruña desenvolveu este ano co gallo da celebración do Día dos Museos 2022, pretendendo achegar aos concellos da provincia a representación do espectáculo Máis Alálá de Xelís de Toro e Alejandro Vargas.
A entrada é gratuíta previa reserva de localidades en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​. A reserva é efectiva cando se confirme dende o auditorio é non é inmediata.
No caso de quedar localidades dispoñibles, poden solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo do pase aberto.
Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro a catro de Manoel Antonio creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro no ano 1922.
Partindo dos 19 poemas do libro De catro a catro os artistas crean un sinxelo programa informático para transpoñer todas as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e un banco de notas musicais.
Este material poético e musical é o punto de partida para crear un universo creativo propio pero que ao mesmo tempo se nutre da atmósfera poética/filosófica do libro.
Lugar: Sala Arcos Moldes. Auditorio de Rianxo - Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.