Axenda

Ruxe Ruxe
quinta feira 21 xullo 2022, 21:00
Vistas : 53

Ruxe-Ruxe en Fene o xoves 21 de xullo, ás 21 horas

Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada e nelas predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico. Formado por Vituco Neira, Iago Jorge, Xaco Barona, Xulia Neira, David Barbas e Xan Pericán, Ruxe-Ruxe leva postos á venda até o día de hoxe doce discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. Ademais, as súas cancións usáronse nalgúns programas de televisión e mesmo en filmes.

Lugar: Fene