Axenda

Boyanka Kostova
sexta feira 22 xullo 2022, 21:00
Vistas : 94

Concerto de Boyanka-Kostova o venres 22 de xullo, ás 21 horas

Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego. Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego. As súas cancións están cheas de retranca e unha gran esencia da música urbana.

Segundo Bernal Muíños: “Definidos en moitas ocasións con etiquetas como `flow costumista´ ou `twerking rural´, son quen de rimar sobre as temáticas propias deste subxénero do hip hop, pero tamén escapan de todos os tópicos para tratar asuntos do rural galego, sempre cun toque humorístico e de retranca. As orixes do nome do grupo remóntanse a un día no que na televisión apareceu unha atleta búlgara de halterofilia, cun nome tan sonoro que se converteu tamén na marca do seu proxecto, Boyanka Kostova. Entre os seus traballos máis coñecidos están o EP Vella Canción Galega e os álbums Nova Canción Galega e Os Dous de Sempre, entre os que aparecen algúns dos seus temas de máis sona, como "Colacao", "Diego Tristán" ou "Muiñeira de Interior".

Lugar: Fene