Axenda

SonDaRúa
sexta feira 29 xullo 2022, 22:00
Vistas : 54

Son da Rúa será a proposta musical para o venres 29, ás 22:00 horas. Os de Ponteareas son, actualmente, unha das grandes referencias do rap galego.

Formado por Hugo Guezeta e Alex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, teñen un estilo que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.

Urbana Monte Porreiro chegará ao seu fin o sábado 30, ás dez da noite, coa actuación que ofrecerá o músico balear Marc Seguí, un dos artistas con maior proxección do pop español.

Desde que saltou á fama en 2019 co tema Si nos vamos, as súas letras sinxelas, os seus tons melódicos, os seus retrousos pegadizos e a súa voz anxelical permitíronlle cultivar éxito tras éxito, entre eles Tiroteo xunto a Pol Granch. Pinta y colorea, editado en 2021, é o seu primeiro disco.

Todos os concertos do ciclo Urbana Monte Porreiro son de entrada gratuíta.

Lugar: Miradoiro de Monte Porreiro - Monte Porreiro, Mourente (Pontevedra)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.