Axenda

Os John Deeres
sexta feira 19 agosto 2022, 22:30
Vistas : 50

"Os John Deeres levan 15 anos facendo hard rock en galego. O grupo estradense, composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, acaban de completar a formación coa fichaxe de Vane García na voz (de Rodeiro).
Despois de publicar “8” (2013) e “20-20” (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editaron, en plena pandemia, “Cinzas”, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona. “Cinzas” son catro temas reciclados a partir de ideas antigas que significan unha continuidade entre o pasado e o futuro da banda, un punto e seguido para continuar con novos proxectos.

Lugar: Terraza do Casino - Lalín
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.