Axenda

Man de Santo
sábado 11 febreiro 2023, 22:30
Vistas : 46

O sábado 11, ás 22:30 h, Man de Santo estaremos no Clavi facendo uns temiñas xamaican style guapamente. O asunto é que estamos a gravare un par de éxitos cos seus vidioclís correspondentes e que precisamos unha axudiña para levalos ao rego. E como podedes botarnos unha man (de santo)? Pois moi doado: vindo o sábado facernos compañía e axudando -coa entrada- a levar adiante o proxecto. Aforros non temos, produtora tampouco, leiras para vender menos. Pedímoslle ao borbón se nos arrimaba algo pero dixo que andaba moi apretado e que lle chamemos máis adiante. E nesas andamos... se vides á festa estaremos máis contentes ca unhas tarrañolas.

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.