Axenda

Ouveos do Castañazo-ADIADO
sábado 04 maio 2024, 21:00
Vistas : 37

 COMUNICADO 
Con moito pesar vémonos na obriga de suspender os Ouveos do Castañazo que se ían celebrar este sábado día 4 de maio. Ante a imposibilidade de realizalos no local que tiñamos previsto e pese ao traballo intenso destes días por atopar unha alternativa viable, isto non foi posible.

Un dos propósitos da nosa asociación é ofrecer alternativas culturais na nosa vila que favorezan á vida e desenvolvemento dela. Por iso, creemos necesarias propostas como os Ouveos do Castañazo e continuamos a traballar para realizalos noutras datas coas condicións axeitadas para poder desfrutar dunha das cousas que máis nos gusta, así que seguide a prestar atención porque esta ouveada non remata aquí!

Como vos adiantamos, esta sesión de concertos ía vir cargadiña de sorpresas Algunhas xa volas fomos adiantando, como a venda de merchan. Se alguén se quere facer con algún dos nosos produtos pode pedirnos máis información a través de mensaxe privada ou correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Outra das sorpresas que vos tiñamos gardada para esta data era desvelar as catro primeiras actuacións que farán parte do #Castañazo2024. Pois ben, tede o posto nas nosas redes este domingo, porque faremos esta revelación... e virá acompañada de sorteo!

Isto non para!

Lugar: Sala Yoel - Chantada
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.