terza feira 05 agosto 2014
Vistas : 391
-
Martes, 5 de agosto ás 22:30
|
-
Cantata Vernácula son Suso Vaamonde e Xoán Porto. Este dúo, creado no ano 2009, pretende, ante todo, divertir a calquera tipo de público, por medio do acordeón, a zanfona e a voz.
O seu programa está integrado tanto por temas populares galegos, como por temas propios, todos eles arranxados polo dúo cunha estética actual.
Entre bromas, anécdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a tódolos públicos dun xeito orixinal, ameno e divertido.
Organiza: Concello do Carballiño
Entrada de balde
Lugar: Praza de Veracruz - O Carballiño