sábado 30 agosto 2014
Vistas : 341
Sábado, 30 de agosto ás 20:00
O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.
Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.
Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.
Ademais, neste concerto, Vaamonde, Lamas & Romero estarán acompañados pola Banda Sementeira de Cambre.
Organiza: Concello de Cambre
Colabora: Deputación da Coruña
Entradas de balde
Lugar: Auditorio do Parque da Igrexa - Cambre