sexta feira 01 agosto 2014
Vistas : 336
-
Venres, 1 de agosto ás 19:00
|
-
Xénero: Concerto didáctico
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: de 3 a 12 anos / familiar
De aquí para alá! é un espectáculo para público infantil e xuvenil interpretado por actores e músicos profesionais, dirixidos por Lydia Botana. Contaremos a historia dunha bolboreta que nace gracias ó son dos instrumentos musicais.
Viaxaremos arredor do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar, facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoros distintos gozando e aprendendo ó mesmo tempo.
Pequenos e maiores poderedes ir de aquí para alá cantando os retrousos máis fermosos, que vos interpretará a banda coa que nos embarcaremos nesta viaxe.
Organiza: Concello de Vigo
Entrada de balde
Lugar: Auditorio Parque de Castrelos - Vigo