Xoves, 7 Agosto as 22:30 h
Prezo da entrada GRATUITO
Mondoñedo, Pza. do Concello
NARF TRIO presenta o disco-libro "Nas tardes escuras" (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.
O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.