Axenda

Najla Shami
sexta feira 08 agosto 2014
Vistas : 314

E hoxe á noite (día 8 de agosto) estou cantando en Vigo na proposta A Noite Branca. Será ás 23 horas na Pinacoteca 'Fernández del Riego' acompañada por Héctor Lorenzo. Xentes do sur, adoraría vervos por alí.

A noite branca é unha fermosa proposta na que os museos da cidade olívica tórnanse un espazo libre e aberto. Pechan á unha da madrugada e ofrecen diversas actividades coma concertos ou visitas guiadas especiais.

Vémonos!?

Beixos!!

Lugar: Pinacoteca Fernández del Riego - Vigo