Axenda

Pablo Castaño Septet
terza feira 19 agosto 2014
Vistas : 348
  • Martes, 19 de agosto ás 22:00

Pablo Castaño — Saxo alto
Antonio Otero — Saxo barítono
Manuel Paino — Trompeta
Bruno Valle — Trombón
Manolo Gutiérrez — Piano
Paco Charlín — Contrabaixo
Max Gómez — Batería

Despois de recibir unha bolsa de estudos e graduarse “first of the class” na New School University (NYC) en Jazz Performance, o saxofonista galego Pablo Castaño residiu como músico freelance na cidade de New York.
Nese período participou en concertos e gravacións con Tom Abbott, Stan Rubin, José James, Eyal Vilner, Wade Burnes, Bobby Sanabria, Woogie Lee, Art Lillard, Youngmin You e Félix Endico, entre outros artistas destacados da escena jazzística neoiorquina.
De volta no país, ademáis de colaborar con moitos dos músicos galegos máis relevantes, lidera trío e septeto de seu. Comeza a compoñer para esta formación nos Estados Unidos alá polo 2007, desenvolvendo ao longo dos últimos anos unha linguaxe sólida e persoal, tanto nas composicións e arranxos como na interpretación.


Lugar: Eirado do Costal - Cangas