Axenda

Malvela
sábado 27 Setembro 2014
Vistas : 380
Malvela ofrécenos as cancións que veñen da terra. Somos a música que creamos, as cancións que moitas voces interpretaron a través dos tempos, as melodías que nos identifican. Somos Malvela, música con enerxía para que os cantos tradicionais, eses que elas aprenderon de corrido canda nenas, sigan a facer festa, a ser patrimonio vivo de todos e todas, a engaiolar coa súa beleza e o seu ritmo.

Prezo: 8'00, 6'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Lugar: Teatro Rosalía de Castro - A Coruña